lunes, 22 de noviembre de 2010

Castros de Baroña

Estes castros son uns dos máis impresionantes e famosos de Galicia. Trátase dun lugar único e que todo o mundo debería ver algunha vez.

Estes castros están situados na parroquia de Baroña, no municipio de Porto do Son. Localízanse nunha pequena península, que foi ocupada entre os siglos I a.C. a I d.C. Consta de dúas murallas defensivas e consérvanse unhas vinte vivendas de planta circular ou oval (típicas dos castros). A entrada aos castros era unha rampa empedrada, que hoxe en día se atopa bastante deteriorada.

Os poboadores destes castros alimentábanse evidentemente de produtos do mar, como poden ser o marisco e os peixes, ainda que tamén se abastecían de carne e incluso de certos froitos de árbores.

Nestes castros atopáronse restos de metalurxia, pedras talladas e esculpidas e incluso algún resto textil.

Ao fondo dos castros atópanse uns penedos grandes, que subindo a eles, veremos as mellores panorámicas do castro.

Pontemaceira


Pontemaceira é unha aldea situada entre os concellos de Ames e Negreira, a escasos kilometros de Santiago, que está atravesada polo río Tambre.

Cruzando este río, atópase unha ponte de contrucción medieval de base romana, a cal empregan os peregrinos do Camiño que vai a Finisterre.
Destacan as súas casas antigas, os muíños ao pé do río, unha pequena capela, un pazo moderno e unha presa que lle da, si cabe, un maior encanto a este pequeno pobo.

É un lugar onde se pode disfrutar da natureza e dar un paseo ao longo do río para ver o que a historia construiu ao redor del.

Un pobo ao que sin dúbida quererás voltar.



Santiago de Compostela

Que mellor para facer o meu primeiro post que falar da capital galega?

Santiago de Compostela, capital de Galicia, foi declara Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, debido principalmente por ser a meta dunha ruta milenaria de peregrinación, o camiño de Santiago.

Que ver en Compostela?

A catedral é unha das visitas obrigatorias, a súa singularidade destaca por posuír a tumba do Santiago Apóstolo, ademais é unha obra sobresaínte do románico en España.



Outros lugares de interese turístico son:


Colexio de Fonseca (fotografía), sede da Universidade de Santiago de Compost
ela no ano 1544;o Pazo de Raxoi, situado en fronte a Fachada do Obradoiro e que cerra a praza co mesmo nome; entre outros pazos como poden ser o Pazo de Bendaña, Pazo de Feixoo... as facultadesde Historia e Xeografía, e Mediciña; o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea); o Museo do Pobo Galego, o Museo da Historia Natural, o Parque de Bonaval; a Alameda; o Campus Sur...entre outros parques, museos, e disferentes edificios arquitectónicos.





Aquí deixo unha páxina na que aparecen visitas virtuais a disferentes lugares, monumentos, igrexas... de Santiago.



Que facer?

Na seguinte páxina amosan itinerarios según os días que un queira pasar na cidade compostelana:


Se soamente vés para saír de noite, podes pasear pola cidade histórica, ou ben ir a algún bar clásico de Compostela, como pode ser A casa das Crechas, Momo, Pepa a Loba... Entre outros moitos.

Como reza a páxina de turismo de Santiago de Compostela: "Santiago é grande".