lunes, 22 de noviembre de 2010

Castros de Baroña

Estes castros son uns dos máis impresionantes e famosos de Galicia. Trátase dun lugar único e que todo o mundo debería ver algunha vez.

Estes castros están situados na parroquia de Baroña, no municipio de Porto do Son. Localízanse nunha pequena península, que foi ocupada entre os siglos I a.C. a I d.C. Consta de dúas murallas defensivas e consérvanse unhas vinte vivendas de planta circular ou oval (típicas dos castros). A entrada aos castros era unha rampa empedrada, que hoxe en día se atopa bastante deteriorada.

Os poboadores destes castros alimentábanse evidentemente de produtos do mar, como poden ser o marisco e os peixes, ainda que tamén se abastecían de carne e incluso de certos froitos de árbores.

Nestes castros atopáronse restos de metalurxia, pedras talladas e esculpidas e incluso algún resto textil.

Ao fondo dos castros atópanse uns penedos grandes, que subindo a eles, veremos as mellores panorámicas do castro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario