lunes, 22 de noviembre de 2010

Santiago de Compostela

Que mellor para facer o meu primeiro post que falar da capital galega?

Santiago de Compostela, capital de Galicia, foi declara Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, debido principalmente por ser a meta dunha ruta milenaria de peregrinación, o camiño de Santiago.

Que ver en Compostela?

A catedral é unha das visitas obrigatorias, a súa singularidade destaca por posuír a tumba do Santiago Apóstolo, ademais é unha obra sobresaínte do románico en España.



Outros lugares de interese turístico son:


Colexio de Fonseca (fotografía), sede da Universidade de Santiago de Compost
ela no ano 1544;o Pazo de Raxoi, situado en fronte a Fachada do Obradoiro e que cerra a praza co mesmo nome; entre outros pazos como poden ser o Pazo de Bendaña, Pazo de Feixoo... as facultadesde Historia e Xeografía, e Mediciña; o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea); o Museo do Pobo Galego, o Museo da Historia Natural, o Parque de Bonaval; a Alameda; o Campus Sur...entre outros parques, museos, e disferentes edificios arquitectónicos.





Aquí deixo unha páxina na que aparecen visitas virtuais a disferentes lugares, monumentos, igrexas... de Santiago.



Que facer?

Na seguinte páxina amosan itinerarios según os días que un queira pasar na cidade compostelana:


Se soamente vés para saír de noite, podes pasear pola cidade histórica, ou ben ir a algún bar clásico de Compostela, como pode ser A casa das Crechas, Momo, Pepa a Loba... Entre outros moitos.

Como reza a páxina de turismo de Santiago de Compostela: "Santiago é grande".

No hay comentarios:

Publicar un comentario